30 abr. 2016

Mini e Mero: celebramos

O pasado venres 29 de abril comezamos a celebración das Letras con varios actos. En primeiro lugar, o alumnado de 4ESO presentou media ducia de videocreacións a partir de poemas de Manuel María. Logo David Otero ofreceunos unha estupenda conferencia sobre a obra e vida do poeta da Terra Chá para finalizarmos cun marabilloso concerto ofrecido polos grandes Mini e Mero.


21 abr. 2016

Uxía e Narf: as baladas dunha Galiza imaxinaria

Hoxe estiveron no noso centro dous dos artistas máis importantes da música galega: Uxía e Narf. A ocasión era presentar o seu disco Baladas da Galiza imaxinaria. E todo o alumnado da ESO puido desfrutar deles. Aquí vos deixamos unha pequena entrevista que lles fixemos.

20 abr. 2016

Preparando as Letras: videopoemas.

O alumnado de 4ESO preparou uns videopoemas a partir dalgúns textos de Manuel María para ir poñéndonos o mel nos beizos ante a inminente chegada do Día das Letras Galegas. Velaquí os enlaces a algúns deles:
a) Esborrallándoo todo.
b) O videopoema de Brais e María
c) O noso amor é mencer