18 mar. 2016

Actividades de fin de trimestre

Hoxe 18 de marzo rematamos o trimestre cunha serie de actividades que pasamos a resumir. En primeiro lugar, o filólogo da USC Xulio Sousa presentoulle ao alumnado de Bach a conferencia "De onde veñen as palabras". De seguido a profesora da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol Ivonete da Silva ofreceunos unha panorámica do seu país baixo o título "Meu Brasil ao longe" ao alumnado da ESO. E finalmente, o director de cine Alfonso Zarauza presentoulle ao alumnado de Bach o seu filme Encallados. Velaí o vídeo resumo:

7 mar. 2016

Julia Martinez: mezzosoprano, connosco

Hoxe o alumnado de 1º e 2º da ESO puido desfrutar da actuación da mezzosoprano Julia Martínez, actualmente estudando na Royal Academy de Londres. Amais estivo moi ben acompañada polo pianista ruso Andrej Iliushkin para cantarnos temas de Mozart, Bizet, Rachmaninoff ou Shumann. Espléndidos. Aquí vos deixamos a microentrevista que lle fixeron Miriam, Macarena e Fátima.

1 mar. 2016

Xurxo Mariño: viaxe, aventura, ciencia e arte

Hoxe martes 1 de marzo tivemos a sorte de que as nosas aulas se encheran coa experiencia e o saber do científico Xurxo mariño. Xa o coñeciamos de cando a videoconferencia para o día da ciencia. E agora, en persoa, veunos presentar a súa experiencia tras dar a volta ao mundo durante un ano que titulou: "Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe ao redor do mundo". E velaquí vos deixamos a entrevista que lle fixeron ao final Santi e María.