Seguindo a liña marcada coa
visita de Suso Vaamonde, achegámonos outra vez
ás nosas tradicións pero,
desta volta, centrándonos no baile e na riqueza do noso folclore.
Esta mañá recibimos a visita de
Henrique Vázquez, membro da Agrupación Folclórica
Tequexetéldere da Estrada, que lles explicou ao alumnado de 3º, 4ª ESO e 1º de bacharelato de todo o que rodea o baile tradicional galego centrándose especialmente na forma na que se fan as recollidas das distintas pezas musicais que eles reinterpretan nos seus espectáculos. E que mellor exemplo destas reinterpretacións que as que nos fixeron
in situ tres pandereteiras do grupo a partir dos arquivos de audio orixinais das recollidas.
En definitiva, unha nova oportunidade que tiveron os nosos alumnos e alumnas de achegarse ás nosas tradicións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.