23 mar. 2013

Que empece a función!

O pasado luns 18 de marzo, o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizou unha saída co alumnado de 3º ESO e 1º Bacharelato. Acompañámolos a Santiago de Compostela a asistir á representación de Que empece a función!, unha montaxe do Teatro da Esmorga. Trátase dunha viaxe no tempo polo teatro galego a través de pequenos fragmentos de obras teatrais desde o Rexurdimento até os nosos días, unidos polo fío condutor dun narrador que vai explicando o que estamos a ver, contextualizando cada fragmento no seu período e no seu autor e ofrecéndonos unha breve historia do noso teatro.


Pensamos que foi proveitoso e interesante para o alumnado. Vimos que disfrutaron da función e tamén (como non!) do paseo que a continuación puideron dar polas rúas de Compostela. Foi, polo tanto, toda unha mañá sen clases; pero o alumnado recibiu unha lección sobre a historia do noso teatro que sería imposible impartir dentro das aulas.

20 mar. 2013

Telexornal Roberto Vidal Bolaño

Que mellor maneira de comezar a serie de artigos que servirán de homenaxe a Roberto Vidal Bolaño (Letras Galegas 2013) que con este estupendo traballo feito polo EDL do CPI dos Dices de Rois. Un telexornal no que se fai un repaso pola vida e obra dun dos máis importantes dramaturgos en lingua galega.
Parabéns pola iniciativa!



Vía Carta Xeométrica

18 mar. 2013

Music-galeguízate: Carmiña Vacaloura

Rematamos a sección para este trimestre coa versión que fixo Daniel Vigo de 4º ESO dun dos clásicos do Xabarín Club, "Carmiña Vacaloura" unha canción con base no jazz do Maestro Reverendo e que marcou, dunha maneira ou outra, aos nenos e nenas de Galicia. De feito, a moit@s ben seguro que lles daba certo medo... 

Este é o videoclip orixinal que se vía na tele...


...e velaquí a versión reducida que, só con imaxe,s, fixo Dani:


15 mar. 2013

Recitando a Rosalía...

Como parte dunha actividade de aula da materia TIC de 1º Bacharelato na que había que empregar a ferramenta Audacity para facer unha montaxe de son, o alumnado decidiu recitar poemas de Rosalía de Castro sobre un fondo musical. Este foi o resultado:

Unha vez tiven un cravo  (Recitado por Rafael Canabal)



Adiós ríos, adiós fontes (Recitado por Carlos Cadavid)



Airiños, airiños, aires (Recitado por Iván Barreiro)

11 mar. 2013

Music-galeguízate: Heredeiros da crus

Unha nova entrega do Music-galeguízate nesta banda adicado ao grupo do Barbanza Heredeiros da Crus. En primeiro lugar, Iván Barreiro, de 1º Bacharelato, achéganos unha breve reseña á historia e discografía do grupo na seguinte presentación:

E agora  Claudio Troitiño, de 4º ESO, ilustra con imaxes o seu tema Pío, pío paxariño. Unha especia de videoclip "made in Forcarei".


E quen non se lembra de "clásicos" dos Heredeiros como...

   

7 mar. 2013

Telediver: Conversas con Marga Pazos

Como xa anunciamos onte, @s compañeir@s de Telediver fixéronlle unha entrevista á presentadora de informativos da TVG Marga Pazos. Por uns minutos, a xornalista púxose do outro lado do micrófono e, amablemente, respostou as preguntas que Susana e Andrea  lle formularon. Velaquí tedes a entrevista ao completo:


E, como colofón, a foto que Marga se fixo co grupo humano que forman Telediver (o alumnado de 4º PDC)


6 mar. 2013

Marga Pazos, presentadora da TVG, no Chano Piñeiro

Onte tivemos a fortuna de recibir no noso centro a un dos rostros máis  coñecidos e recoñocibles  da Televisión de Galicia: a presentadora de informativos  Marga Pazos.
Ao longo da charla que lles impartiu ao alumnado de 4º ESO e de Bacharelato falounos das súas experiencias co galego, non só a nivel laboral senón tamén a nivel persoal. Ademais, fixo especial fincapé en destacar á TVG como un elemento normalizador de gran importancia, convidándonos a lembrar momentos destacados do Xabarín Club que, a máis dun e dunha, lles fixo debuxar un sorriso nos beizos.
Por último, analizou a crua (e preocupante) realidade da nosa lingua dentro dos medios de comunicación do país: presenza máis que minoritaria na prensa escrita e unicamente presente de forma íntegra na radio e televisión pública de Galicia.


E aínda queda unha pequena sorpresa por descubrir, xa que os compañeiros de Telediver  (a TV do Chano Piñeiro) fixéronlle unha entrevista que poderedes ver moi pronto. Permanecede atent@s!


Desde aquí quixeramoslle agradecer a Marga a súa visita, na que repartiu simpatía e amabilidade en todo o tempo que estivo connosco.

4 mar. 2013

Music-galeguízate: DKTC

Comenzamos hoxe unha nova sección no blogue na que o alumnado colaborador co ENDL nos fará chegar as súas suxestións no referido a grupos e artistas que fan a súa música en galego: Music-Galeguízate!

E para empezar, Carlos Taboada de 1º Bacharelato fálanos de Dios Ke Te Crew grupo de hip hop pioneiro neste tipo de música en Galicia e na nosa lingua.



E, para que poidades disfrutar da súa música aquí tedes un par de temas (prestade especial atención ao primeiro, unha versión do poema "Deitado frente ao mar" de Celso Emilio que fora o eixe central da actividade #recitandocelsoemilio)



E se queredes colaborar neste sección non tedes máis que poñervos en contacto con algún membro do ENDL!! Animádevos!!